miércoles, 10 de abril de 2013

Cousas que pasan neste oficio.

Onte,por fin,xa probamos todos os motores xuntos.Todos funcionaban ben,pero tivemos un pequeno problema cos motores do eixe Z,un dos cales non funcionaba ben.
Nese momento levamos un gran susto porque pensamos que imprusiño se estragara,pero non foi así.O que pasara era que nós lle dábamos no programa ponterface(no computador)para que o motor se movera,pero este non se movía de ningún xeito(porque os cabos do motor cara á placa de arduino tiñan unha unión pero estaban mal colocados e tampouco se enganchaban ben,tiñamos un cabo de cor negro colocado de diferente maneira por eso non iba.)
Para solucionar este problema tivemos que revisar unhas cantas cousas,a máis fundamental foi a unión que hai no cabos que saen do motor,porque sospeitabamos que de aí viña o motivo de que o motor non funcionara.
Estaba toda protexida con cinta aislante para que non se moveran os cabos pero tivemos que tirar toda ela para enchufalos ben e colocalos de manera correcta.



Pero xa está solucionado!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario