martes, 14 de mayo de 2013

Xa está o Imprusiño rematado!

Pois por fin xa rematamos a Imprusiño,iso que tanto estabamos desexando para poder ver as primeiras pezas que salirían por esa maquiniña.
Pois unha vez rematada,e despois duns cantos axustes,xa houbo pezas impresas,entre elas unha plaquiña co nome de ''IMPRUSIÑO'' e outra a unha de nosas compañeiras que tamén fixo a imprusiño.
Foi unha experiencia moi boa e gustounos moito,tivemos de todo,enfados entre nós,enfados do profesor con nós e co propio imprusiño,risas,cousas novas que aprender e moito máis.
Levamos a Imprusiño o día 4 de Maio á casa das Ciencias de Coruña e o próximo fin de semana do 31 de Maio imprusiño estará en Vigo,así que ánimo a todos e pasarvos a coñecer esa máquina da que tanto falamos ultimamente.
E xa de paso,recordarvos que aínda quedan vales de impresión que pódedes comprar para ter 2 horas de impresión do que vós queirades.
Moitas grazas por estar ao día con nós e estar pendentes de como nos ía.
Vémonos pronto,e iremos informando de como vai a nosa maquiniña.
Estas son algunhas das pezas que fixemos.