lunes, 28 de enero de 2013

Xa temos as primeiras pezas.


Fai un días recibimos as primeiras pezas,  un pack Arduino Mega+ RAMPS 1.4 + Stepstick ,   cinco motores NEMA 17 e un SPBudas
Isto é o que nos compramos: O pack.
 O Arduino Mega é unha tarxeta controladora, que serve para traducir as ordes que lle chegan do ordenador a impulsos eléctricos que controlarán os motores paso a paso.


RAMPS 1.4 é un shield ou escudo, e se emprega para evitar ter que poñer un montón de cables entre a Arduino e os drivers de potencia. 


Os drivers de potencia ou stepsticks son os compoñentes que reciben as ordes do Arduino, que veñen nunha intensidade de corrente moi pequena e, seguindo estas, manexan os motores paso a paso, que precisan intensidades de corrente moi altas que queimarían a Arduino. 

Os motores paso a paso, modelo NEMA 17, son motores que podemos mover con moita precisión, suficiente para facer os mínimos movementos que require a impresión 3D. 
Durante as semanas vindeiras vos iremos informando sobre como poñemos todo isto a funcionar!!