jueves, 7 de marzo de 2013

Seguimos aquí!

Como vedes, deixamos este pobre blog moi desamparado durante este mes de Febreiro, pero iso non quere dicir que non estivéramos a traballar en Imprusiño. De feito, avanzamos moito, e hoxe vos imos contar os pasos que demos unha vez tivemos as pezas da electrónica no noso poder.
Para comezar, temos que instalar os programas precisos para facer funcionar os motores, que son tres.
Para comezar, temos que instalar os programas precisos para facer funcionar os motores, que son tres.
O primeiro é instalar o entorno de programación de Arduino, para poder mandarlle instruccións á nosa tarxeta controladora. Nós instalamos a versión 22 de Arduino, xa que esa é a que Obijuan recomenda nos seus videos.

Despois hai que cargar no Arduino a versión “super estable” do Sprinter,pódese baixar desde a páxina de Obijuan ,que é o firmware, unha serie de liñas de código que permitirán que os nosos motores e sensores fagan as tarefas que teñen que facer nunha impresora 3D.




Por último está o Pronterface (tamén se descarga desde a páxina de Obijuan que é o programa que nos permite directamente manexar a impresora e cargar modelos para imprimir. Os dous anteriores xa case non imos ter que voltar a manexalos, pero o Pronterface o teremos que abrir cada vez que queiramos usar a Imprusiño.




Cando temos todo isto instalado, que en Linux non é máis que descargar e descomprimir os arquivos, xa poderemos probar os motores e, mesmo, tocar a marcha imperial, pero iso irá na próxima entrada!

Máis información: Vídeos 2,3 e 4 da Guía de Montaxe de Obijuan .


No hay comentarios:

Publicar un comentario